lunes, 12 de octubre de 2015

ESPANTALLO AMIGO

O curso pasado os nenos/as de terceiro  do cole da Pedra traballaron o teatro ,e representaron no cole  unha adaptación do "Espantallo Amigo" esta obra de Neira Vilas que nos quere transmitir valores coma a amizade, o compañeirsmo a empatía e sobre todo a xenerosidade.





Tamén fixeron unha pequena representación relacionada co proxecto da  Arte. A ÚLTIMA CEA







viernes, 10 de julio de 2015

CÍRCULOS CONCÉNTRICOS

Círculos concéntricos , ese é o título dunha pequena representación que os nenos e nenas de 1º de Primaria do cole da Pedra levaron a cabo para poñer o broche final ao curso.
Está baseada nun cadro de Kandinsky que xa fora traballado durante o curso noutras ocasións ,no Nadal e no Entroido.
Todos os nenos/as puxeron moito entusiasmo e disfrutamos todos co traballo e o resultado.
Pódese ver na seguinte ligazón:
http://primeirociclonapedra.blogspot.com.es/2015/06/escenificacion-dun-cadro-de-kandinsky.html
Aquí podedes ver o proceso.


lunes, 23 de marzo de 2015

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O vindeiro venres 27 de marzo, conmemórase o Día Mundial do Teatro. Este ano o encargado de difundir a mensaxe Internacional é o director polaco Krzysztof Warlikowski.
Preme a imaxe para ler a mensaxe.